- Cecilia Criado é Profesora Titular de Latín do Departamento de Latín e Griego da Universidade de Santiago de Compostela. As súas liñas de investigación son a épica flavia y as aproximacións teóricas á literatura romana. Preséntase ao cargo de Presidenta da Delegación Galega da SEEC.
Foi secretaria da Delegación Galega da SEEC desde febreiro de 2004 a xaneiro de 2008. - Mª Teresa Miñambres Gómez é Profesora de Ensino Secundario e Xefa do Departamento de Grego do IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela. Foi Vicepresidenta durante 4 anos na anterior directiva da Delegación Galega da SEEC. Preséntase ao cargo de Vicepresidenta da Delegación Galega da SEEC.
- Álvaro José Pérez Vilariño é Profesor de Ensino Secundario e Xefe do Departamento de Latín do IES Manuel García Barros da Estrada. Foi vocal durante 4 anos na anterior directiva da Delegación Galega da SEEC. Membro do colectivo Quiron, un proxecto colaborativo que agrupa a profesores de clásicas de todo o Estado, vén de recibir un 3º premio de innovación educativa polo seu traballo "A web 2.0 na didáctica das clásicas", onde presentou a súa experiencia de traballo con blogs (Dives Gallaecia, Viam Stratam ) e moodle (DOG 17 de decembro de 2007). Preséntase ao cargo de Secretario da Delegación Galega da SEEC.
- Amelia Pereiro Pardo é Profesora Contratada Doutora de Filoloxía Grega no Departamento de Latín e Grego da Universidade de Santiago de Compostela. A súa liña de investigacion está centrada, principalmente, na Poesía Helenística Grega. Preséntase ao cargo de Tesoureira da Delegación Galega da SEEC.
- José Virgilio García Trabazo é Profesor Contratado Doutor de Lingüística Indoeuropea no Departamento de Latín e Grego da Universidade de Santiago de Compostela. As súas liñas de investigación céntranse en lingüística histórica e edición/traducción de textos hititas e sánscritos. Preséntase como Vocal da Delegación Galega da SEEC.
- Xosé Antonio López Silva é Profesor de Ensino Secundario, Xefe do Departamento de Latín e Secretario do IES de Porto do Son. Ten traballado no ámbito da didáctica da cultura e linguas clásicas e asemade, na análise dos curricula e relación destas materias coa organización interna dos centros de ensino. Mantén o blog Respublica litterarum, unha introducción á lingua latina e literatura. Preséntase como Vocal da Delegación Galega da SEEC.
- Jesús Ricardo Martín Fernández, é Catedrático de latín do I. E. S. Elviña, (A Coruña). Fundador e codirector do grupo SARDIÑA, ten representado o teatrogrecolatino ao longo de toda a xeografía española e asemade, con actuacións en Italia e Portugal. Amén de numerosos premios a nivel local, provincial e autonómico, obtivo o Primeiro Premio Nacional de Teatro durante os anos 2006 y 2007 na modalidade de Comedia Latina. Preséntase como Vocal da Delegación Galega da SEEC.
20/01/2008
PRESENTACIÓN. CURRÍCULA DOS MEMBROS.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário