
Conta
Ricardo Martín, Catedrático de latín do I. E. S. Elviña, fundador e codirector do grupo Sardiña
, e que se presenta como vocal da nosa candidatura, que levaba xa moito tempo dándolle voltas á idea dunha
excursión "á Grecia Clásica", que como mínimo incluiría, como sinala él, á
Grecia da filosofía (Atenas),
do mito (Micenas),
do deporte (Olimpia) e
dos deuses (Delfos). Coméntanos que agora, despois da Olimpiada, os museos atópanse moi ben organizados e o
Histórico Nacional de Atenas é unha maravilla. Asemade, estase a inaugurar a nova sé do
museo da Acrópole, preto da embaixada española) e parece que paga a pena velo.
Ricardo Martín sinala, ademais, que se hai unha participación de
distintos institutos, poden mesmo realizarse "
competicións" nos estadios polos que se pasaría (Nemea, Olimpia, Delfos); "
ler" una minitraxedia escenificando a "
gloria e morte de Agamenón" en Micena e calquera outra proposta didáctica que sexa do voso interés.
Unha interesantísima idea que incorporamos de inmediato ao noso programa.
Um comentário:
Hemos añadido en nuestro blog (http://eposgalicia.blogspot.com/) la invitación a participar en vuestros comentarios. Un saludo.
Postar um comentário