16/02/2008

¡GAÑAMOS!

Catro anos por diante. Catro anos para traballar e continuar un proxecto xa comezado.
Unha vez rematadas os comitia, queremos dar as grazas a tódolos socios que nos destes o voso apoio. Estamos abertos á vosa colaboración e ás vosas suxerencias.
Unha forte aperta a todos!

31/01/2008

Algunhas precisións ante a lectura do programa de José Eduardo López Pereira

Non se recordan polo visto unhas eleccións á SEEC tan movidas como estas. Se primeiro foi o famoso artigo publicado en http://www.culturaclasica.com/, as precisións das candidaturas de Jaime Siles e López Eire e por último, a carta de Francisco Rodríguez Adrados.

Non está no noso ánimo provocar un polémica semellante, nin crear ningún tipo de crispación entre as dúas candidaturas, pero cremos que entra dentro do espazo de debate, imprescindible no xogo democrático, o feito de mostrar a nosa opinión respecto a algúns puntos do programa da candidatura de José Eduardo López Pereira.

En primeiro lugar o seu programa refirese a unha "SEEC necesitada de cambio e novos impulsos e ideas". Debemos entender entón que lle parecen poucos os cambios ocorridos en SEECGalicia nestes últimos catro anos, ou poucos tamén os impulsos que levaron a anterior directiva a realizar unha labor que dende logo se pode caracterizar de calquera maneira excepto de inmovilista?

Fagamos un repaso.
Nos últimos 4 anos creouse por parte da directiva anterior, representada aquí por tres persoas, a páxina web da sección galega, traballouse na base de datos de socios a cotío, creando unha lista de correo permanentemente actualizada e completada con outras listas de correo de centros de Galicia, públicos e privados, que están a recibir puntualmente información relativa ás nosas actividades, organizáronse con éxito dous cursos de verán ("Xéneros grecolatinos en prosa, 2004", "Proxección da mitoloxía grecolatina nas literaturas europeas 2006"), un curso dedicado ás TIC ("Exercicios interactivos con Hot Potatoes, 2005"), e dous de grego moderno (Iniciación 2007 e Perfeccionamento I 2008), levamos xa 3 edicións do concurso Odisea (271 equipas inscritas en 2008), e son 4 as edicións do festival de teatro grecolatino de Lugo, este ano 2008 con 4 días de representacións.

O profesor Pereira volve sinalar que a "SEEC debe retomar a organización de cursos que tivo noutro tempo". Repetimos. Dous cursos de verán, tres cursos de formación no marco da USC, 5 cursos en catro anos. Parécelle pouco?

Máis adiante a candidatura do profesor Pereira afirma que vai "buscar a coordinación con outras asociacións", en concreto con EPOS. Deberán aquí responder os profesores de grego membros da mesma, pero é significativo que na súa candidatura non haxa nin un só profesor desta materia. Todos son de latín. No equipo anterior de SEECGALICIA había 3 profesores de grego (dous deles membros de EPOS), e o contacto e coordinación con esta asociación foi constante. Dende a anterior directiva deuse sempre difusión aos socios por escrito e dende a nosa web de toda a información que nos fixeron chegar, puxemos unha ligazón ao seu renovado blog, e estivemos sempre atentos ás súas actividades, como o concurso de Cultura Clásica. E ademais acudimos con eles a unha entrevista coas autoridades educativas da Xunta de Galicia para tratar sobre o currículo da ESO e os Bacharelatos.
Colaborar con outras asociacións? Quizais non se enteraron de que nesta Edición do concurso Odisea 2008 participa tamén a Delegación da SEEC de Valencia, e que esperamos que sexan outras as que se unan a nós nos vindeiros anos. Ignoran tamén López Pereira e a súa equipa que a Delegación Galega da SEEC forma parte do colectivo Prosopon, unha asociación que promove o desevolvemento do teatro greco-latino, e que conta con 10 sés en todo o Estado, como Mérida ou Sagùnt, por citar algunhas, unha asociación, por outra banda, en estreita relación co MEC. Dentro dela traballamos para poñer en marcha un ano tras outro o festival de teatro de Lugo.

"Comprometémonos a desenclaustrar a SEECGalicia e sacala á sociedade en xeral, aos IES...". Pero entón, que é o que estivemos facendo todos estes anos?, de onde veñen os case 4.000 alumnos anuais que acoden a Lugo?, de onde son os profesores que se matriculan nos cursos de formación?, cal e a procedencia dos participantes no concurso Odisea? quen asistiu maioritariamente aos cursos de verán?

Afirma tamén López Pereira que se comprometen a "Coordinar os programas e as probas de acceso á Universidade de acordo cos criterios e os obxectivos que entre todos e todas fixemos". Séría máis correcto dicir que os fixo el mesmo e en todo caso, os membros do seu equipo, sen contar coas opinións dos docentes de Latín II, algo que entra dentro da competencia do seu cargo, por suposto, pero que desde logo, o que non fixo foi unha coordinación inicial dos devanditos programas e probas de acceso co profesorado de Latín, que recibiu as súas ideas xa pechadas, como materia do exame a celebrarse en 2007. En ningún momento como coordinador se puxo en contacto coa SEEC para recabar a súa opinión nin a dos seus asociados. Non sabemos que é o que pretende agora.

Pero todo isto merece abordalo con calma e dende varios puntos de vista.

En primeiro lugar di que a SEEC debe coordinar os programas e as probas de acceso á universidade. Consideramos en primeiro Lugar, que esa non é, non pode ser, nin debe ser, de feito, unha das obligacións da SEEC. A SEEC é unha organización que vela polos intereses profesionais de moitos docentes e estudiantes de Linguas Clásicas en todos os seus niveis. Non é unha institución educativa reglada. A coordinación dos programas e probas de acceso á universidade están en mans do seu organismo, a CIUG, e do Coordinador correspondente, no noso caso, que no ámbito das Linguas Clásicas son dous, o de Latín, e o de Grego.
O profesor López Pereira foi nomeado en 2006 coordinador do Grupo de Traballo de Latín. Xa é o seu deber como coordinador realizar a elaboración dos programas e das probas de acceso á universidade. Así o fixo, e de feito, SEECGalicia foi a encargada, ante as peticións de numerosos socios, de mediar con él para xestionar os diversos problemas que xurdiron a raíz dos programas e probas de Selectividade de latín do ano 2006 elaborados por el, que se concretaban en:
1: Cambio do programa de exame oficializado en Decembro de 2006, cando xa todas as programacións estaban pechadas e o primeiro trimestre rematado.
2: Inclusión no programa de elementos non consensuados cunha ampla maioría de docentes da materia, como a inclusión de preguntas de toponimia.
3: Inclusión no programa de elementos non presentes no currículo de Latín II como a perspectiva de preguntas de Mitoloxía Clásica. A coordinación do programa tamén tivo problemas e segue a ter elementos que, cando menos, mostran un pouco cuidadoso sentido da seriedade que debe mostrar a súa labor como Director dun grupo de traballo e Coordinador dun aspecto tan importante como o da materia de exame da Selectividade. Tivo que pasar un ano enteiro para completar unha lista de topónimos enviada aos profesores de latín. E esta a capacidade de traballo que lle vai dedicar á SEEC?

Respetuosamente, desde a nosa candidatura consideramos que unha cousa é ser Coordinador da CIUG, e outra, presidente de SEECGalicia. Non poden nin deben fundirse ambas cousas: se o profesor Pereira se presenta, e moi lexitimamente, como candidato á presidencia de SEECGalicia, debe ser, iso si, desde a perspectiva de non mesturar ambas institucións. De ser moi respetuoso en canto a separación das funcións de presidente de SEECGalicia e de Coordinador da área de Latín na CIUG.
De feito, cando fala dos "criterios e obxectivos que todos fixemos" non sabemos moi ben o que quere dicir, pero está claro que se debe referir ás probas de latín. Iso supón, ademais, deixar de lado as opinións e ideas do Coordinador do Grupo de Grego e de centos de profesores e alumnos da asignatura de Grego II que están coordinados por Juan José Moralejo e o seu grupo de traballo.
Non sería de recibo, tampouco, que unha candidatura fale de establecer e coordinar programas de traballo para grego cando esta área ten un equipo propio e independente e mesmo cando non contan con ningún profesor de grego entre os seus candidatos. A SEECGalicia estaría facendo un fraco favor a nosa seriedade como docentes se unha directiva se comprometese en actuacións de tipo tan personalista. Outra cousa é priorizar a labor que sí demandaron e seguen a demandar os nosos socios: ser portavoz e mediador institucional das necesidades e ideas necesarias que o colectivo de profesores de Latín e Grego II demandan para os Grupos de traballo e os coordinadores correspondentes. Así se fixo e así debería seguir facéndose. E neste punto cómpre recordar cal foi a actitude de López Pereira ante a suxerencia de varios socios para que SEECGalicia intentase mediar co coordinador de latín e así conseguir unha reunión de profesores con el. SEECGalicia chamouno e espúxolle a cuestión. A súa resposta foi que "non aceptaba nigunha interlocución con profesores de latín respecto ás probas de selectividade que non sexa a través da CIUGA".
Así llo fixemos saber aos nosos socios nun correo que enviamos o día 1 de marzo do 2007. Ao pouco tempo o señor Pereira convoca 4 reunións a falta dunha, unha en cada provincia. Que o levou a cambiar de opinión dun día para outro? En calquera caso, é evidente que si valorou o peso institucional de SEECGalicia, que aglutinou as inquedanzas, e intereses de centos de profesores de latín de Segundo de Bacharelato que sentiron que a súa labor quedaba seriamente menoscabada polas imposicións do Grupo de Traballo da CIUG.

Di López Pereira que se compromete a "potenciar máis as Xornadas de teatro grecolatino". Este ano temos catro días de representacións case 4.000 alumnos inscritos, seguindo a tónica do ano pasado. Quere facer unha semana de teatro, quince días? Sabe o que conleva a posta en marcha deste festival? A busca de grupos, as datas, o espazo de representación, a matrícula dos centros... Parécenos que ignora profundamente a organización dun evento destas características. Logo da grandísima labor levada a cabo por Teresa Amado e Dulce Estefanía, buscamos a unha persoa que puidese reemplazalas con éxito, e aquí está con nós Ricardo Martín, do grupo Sardiña, de quen todos os socios, incluído o profesor Pereira, coñecen a súa experiencia organizativa e unha traxectoria respectada e apreciada ao longo dos vintecinco anos de andaina da súa labor.
Quere o señor Pereira potenciar a páxina web. Quere foros de debate. Quizais tamén ignora que xa tivemos un, onde por certo, foron varios os socios que opinaron sobre o papel de López Pereira como coordinador de latín, e pediron da SEEC que mediase entre os profesores e o coordinador para lograr esas entrevistas, primeiro rexeitadas e logo convocadas tan rapidamente.
Por último, xa existe un enderezo de correo onde se atenden continua e diariamente todo tipo cuestións e inquedanzas dos socios. Sería xa de máis poñer aquí a cantidade de correos recibidos e enviados aos socios durante estes catro anos.

Conclusión. A nosa opinión, obxectiva, basada nos feitos descritos máis arriba, é que a equipa de López Pereira, e el mesmo, parecen descoñecer absolutamente o traballo desenvolvido durante estes anos en SEECGalicia, un traballo que si coñecen a maioría dos socios.
Estamos renovados (entran 4 persoas novas na candidatura), temos ideas e impulsos, como tivemos tamén durante estes catro anos, somos profesores de latín (4) pero tamén de grego (3), somos interlocutores ante a administración, organizamos cursos de formación, colaboramos e seguimos a colaborar con outras asociacións (Prosopon, SEECValencia, Epos...), estamos nos IES, estamos co teatro, creamos e mantemos unha páxina web, informamos aos socios e recibimos deles suxerencias e ideas mediante o correo-e.
Temos un proxecto e queremos cumprilo, por iso pedimos o voto aos nosos asociados, para poder continuar un traballo que xa leva catro anos en marcha.

26/01/2008

SUXERENCIAS ENVIADAS POLOS SOCIOS (I)

Quiero felicitaros por la idea de crear este blog, lo que nos permite a los socios enviar preguntas y sugerencias; sinceramente me hubiese gustado poder contactar también con la otra candidatura pues tengo un par de cuestiones que me gustaría plantearle.
Supongo que es evidente que estoy de acuerdo con vuestro programa, pues ha sido el que hemos seguido en la Sección Gallega durante doce años. Con todo hay alguna sugerencia que me gustaría haceros:
  1. Creo que no deberíais renunciar a la organización de algún curso de verano o jornadas de algún tipo donde pudiéramos participar tanto profesores de secundaria como de universidad, pienso que a muchos nos interesan otros temas a demás de las TICS y la didáctica y que no podemos renunciar tampoco a un lugar de encuentro como ese.
  2. También me gustaría que siguierais adelante con cursos como el de Griego Moderno que estamos llevando a cabo actualmente, me parecen interesantes, y es obvio que interesan a nuestros socios
  3. Me gusta la sugerencia de Ricardo Martín sobre el viaje a Grecia, pero no sólo a Grecia, se podrían hacer a otros lugares extranjeros o nacionales. Es algo que no conseguimos realizar antes, pero que os animo a intentar ahora.
  4. También me gustaría que de algún modo manifestaseis vuestra disposición a hacer de puente con los coordinadores de la CIUG para que el programa de selectividad pueda ser abordado en común por los profesores de 2º de bach y los coordinadores mediante la organización de unas jornadas o algo así. Me consta que, por lo menos, algunos de vosotros estais bien dispuestos hacia el tema, pues ya lo intentamos en años anteriores, también sé de primera mano que para que esto see lleve a cabo necesitamos contar con la buena disposición del coordinador de la asignatura, pero, dado que ahora parece haber un cambio favorable en dicho sentido, me gustaría que retomaseis este tema.
Sé bien que ahora ya no se puede cambiar el programa enviado, pero me gustaría que respondieseis a estas sugerencias a través del blog.
Os felicito también por habernos facilitado el curriculum de los miembros de la candidatura, esto permite que todos podamos conoceros y comprobar que se trata de una candidatura equilibrada, con gente de universidad y de secundaria, de latín y de griego, incluso de indoeuropeo, abarcando de este modo todoss los campos de nuestra disciplina.
Un saludo,
Carmen Riobó

24/01/2008

NOVAS PROPOSTAS - EXCURSIÓN A GRECIA

Conta Ricardo Martín, Catedrático de latín do I. E. S. Elviña, fundador e codirector do grupo Sardiña, e que se presenta como vocal da nosa candidatura, que levaba xa moito tempo dándolle voltas á idea dunha excursión "á Grecia Clásica", que como mínimo incluiría, como sinala él, á Grecia da filosofía (Atenas), do mito (Micenas), do deporte (Olimpia) e dos deuses (Delfos). Coméntanos que agora, despois da Olimpiada, os museos atópanse moi ben organizados e o Histórico Nacional de Atenas é unha maravilla. Asemade, estase a inaugurar a nova sé do museo da Acrópole, preto da embaixada española) e parece que paga a pena velo.
Ricardo Martín sinala, ademais, que se hai unha participación de distintos institutos, poden mesmo realizarse "competicións" nos estadios polos que se pasaría (Nemea, Olimpia, Delfos); "ler" una minitraxedia escenificando a "gloria e morte de Agamenón" en Micena e calquera outra proposta didáctica que sexa do voso interés.
Unha interesantísima idea que incorporamos de inmediato ao noso programa.

21/01/2008

O NOSO PROGRAMA

Queridos amigos e compañeiros,
O pasado día 17 de decembro presentamos a nosa candidatura para a Xunta directiva da Delegación Galega da SEEC. O motivo desta carta é ofrecervos as consideracións que nos impulsaron a iso e os obxectivos que queremos desenvolver con todos vós.
A SEEC é a nosa asociación profesional. A súa unidade e bo funcionamento debe darnos forza e ferramentas para posuír a información máis completa e útil nos diferentes aspectos relacionados cos Estudos Clásicos e, de modo particular, a axudarnos a realizar a mellor docencia posible das linguas e cultura clásicas.
No novo marco lexislativo da Educación Secundaria, Bacharelato e Ensino Universitario no que nos atopamos, a SEEC debe promover o achegamento á actualización científica e didáctica nun momento crucial como o da implantación das Novas Tecnoloxías da Sociedade da Información (TIC) no ámbito docente.
Tamén debe proporcionarnos lugares e momentos de encontro, e órganos de expresión, para aumentar o coñecemento mutuo das nosas actividades e fomentar a información en todos os aspectos referentes ao mundo clásico.
Nestes últimos anos a Delegación Galega da SEEC deu os pasos necesarios para encarar este futuro e este compromiso. Manifestamente queremos continuar o labor feito polo anterior equipo, ao que pertenciamos 3 representantes desta candidatura. Así pois entre os nosos proxectos seguen figurando:
  • a organización de cursos de Formación no marco da USC (recoñecidos pola Consellería con créditos e horas), como o de perfeccionamento de Grego Moderno II
  • a organización da edición 2009 do Festival de teatro grecolatino de Lugo, para a que contamos coa presenza de Ricardo Martín, alma mater do tristemente desaparecido grupo Sardiña
  • a convocatoria dunha nova edición do Concurso Odisea para 2009 (neste 2008 xa hai inscritos case 300 equipos e foi superada a participación da edición anterior), en colaboración con outras delegacións da SEEC (este ano participa a Delegación de Valencia)
  • A publicación dun novo número da nosa Revista "Cuadernos de literatura griega y latina", que vai polo volume VI.
Ademais queremos afrontar os novos retos lexislativos con reunións periódicas coa Consellería, para ofrecer aos nosos socios información puntual e detallada tanto dos desenvolvementos das novas materias de Latín I e Cultura Clásica na ESO, como da implantación dos aspectos da LOE referidos ao Bacharelato en xeral e ás materias de Latín e Grego en particular.

Temos pensado tamén na organización dunhas xornadas orientadas ao emprego das TIC na didáctica das clásicas. Nelas traballaríanse temas como a creación de Aulas Virtuais para cursos de Latín, Grego e Cultura Clásica baixo a plataforma Moodle (a elixida pola Consellería e instalada en todos os centros de secundaria), a creación dun Planeta de blogs galegos orientados á Didáctica das Clásicas, ben sexan blogs de profesores ou blogs de aula, a formación dun directorio de webs de departamentos de Latín e Grego, a aplicación didáctica das Wikis, as novas ferramentas 2.0, etc.

E como obxectivo último, a formación dunha rede para que o profesorado estea en permanente contacto cos seu colegas e ben informado das diferentes iniciativas didácticas que se están desenvolvendo na nosa comunidade e no resto do Estado.

Buscaremos tamén que os diferentes CEFORE ofrezan dentro da súa oferta de cursos de formación referidos ao ámbito das linguas e cultura clásica.

Do mesmo xeito, pediremos da Consellería unha maior atención institucional á elaboración de materiais didácticos de referencia para as materias de Cultura Clásica, Latín e Grego.

Deberemos reforzar os nosos órganos de comunicación. Ademais da puntual información que os socios reciben por correo electrónico pretendemos optimizar a web http://www.seecgalicia.org/ en todas as súas seccións, convertíndoa nun verdadeiro portal de acceso á información necesaria para o desenvolvemento da nosa actividade. As bases están postas, pero queremos que medre buscando a implicación do noso colectivo a través das súas suxestións, comentarios e iniciativas, intentando resolver tamén as súas dúbidas. Buscaremos colaboradores entre os nosos socios que queiran axudar na introdución de contidos.

Confiamos en que coa axuda de todos poderemos estender o feito ata agora. Pedimos expresamente o teu voto para sentirnos apoiados á hora de acometer as tarefas derivadas dos propósitos que expuxemos. Podes efectuar o teu voto por correo se non podes asistir á asemblea do día 15.
Móstranos o teu apoio, deixa un comentario.

20/01/2008

PRESENTACIÓN. CURRÍCULA DOS MEMBROS.

  • Cecilia Criado é Profesora Titular de Latín do Departamento de Latín e Griego da Universidade de Santiago de Compostela. As súas liñas de investigación son a épica flavia y as aproximacións teóricas á literatura romana. Preséntase ao cargo de Presidenta da Delegación Galega da SEEC.
    Foi secretaria da Delegación Galega da SEEC desde febreiro de 2004 a xaneiro de 2008.
  • Mª Teresa Miñambres Gómez é Profesora de Ensino Secundario e Xefa do Departamento de Grego do IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela. Foi Vicepresidenta durante 4 anos na anterior directiva da Delegación Galega da SEEC. Preséntase ao cargo de Vicepresidenta da Delegación Galega da SEEC.
  • Álvaro José Pérez Vilariño é Profesor de Ensino Secundario e Xefe do Departamento de Latín do IES Manuel García Barros da Estrada. Foi vocal durante 4 anos na anterior directiva da Delegación Galega da SEEC. Membro do colectivo Quiron, un proxecto colaborativo que agrupa a profesores de clásicas de todo o Estado, vén de recibir un 3º premio de innovación educativa polo seu traballo "A web 2.0 na didáctica das clásicas", onde presentou a súa experiencia de traballo con blogs (Dives Gallaecia, Viam Stratam ) e moodle (DOG 17 de decembro de 2007). Preséntase ao cargo de Secretario da Delegación Galega da SEEC.
  • Amelia Pereiro Pardo é Profesora Contratada Doutora de Filoloxía Grega no Departamento de Latín e Grego da Universidade de Santiago de Compostela. A súa liña de investigacion está centrada, principalmente, na Poesía Helenística Grega. Preséntase ao cargo de Tesoureira da Delegación Galega da SEEC.
  • José Virgilio García Trabazo é Profesor Contratado Doutor de Lingüística Indoeuropea no Departamento de Latín e Grego da Universidade de Santiago de Compostela. As súas liñas de investigación céntranse en lingüística histórica e edición/traducción de textos hititas e sánscritos. Preséntase como Vocal da Delegación Galega da SEEC.
  • Xosé Antonio López Silva é Profesor de Ensino Secundario, Xefe do Departamento de Latín e Secretario do IES de Porto do Son. Ten traballado no ámbito da didáctica da cultura e linguas clásicas e asemade, na análise dos curricula e relación destas materias coa organización interna dos centros de ensino. Mantén o blog Respublica litterarum, unha introducción á lingua latina e literatura. Preséntase como Vocal da Delegación Galega da SEEC.
  • Jesús Ricardo Martín Fernández, é Catedrático de latín do I. E. S. Elviña, (A Coruña). Fundador e codirector do grupo SARDIÑA, ten representado o teatrogrecolatino ao longo de toda a xeografía española e asemade, con actuacións en Italia e Portugal. Amén de numerosos premios a nivel local, provincial e autonómico, obtivo o Primeiro Premio Nacional de Teatro durante os anos 2006 y 2007 na modalidade de Comedia Latina. Preséntase como Vocal da Delegación Galega da SEEC.